Ruta das Pedras
Ruta senderista circular de ó redor de 10 kms., cunha duración aproximada de 3 horas e con unha dificultade media. Situada na parroquia de Ventosela, que comeza e remata na Casa Cultural, pasando pola Igrexa parroquial e sempre en ascensión, ata a Pedra Taió, o punto máis alto do camiño, dende o que poderemos ollar unhas fermosas vistas sobre a Ría de Vigo. Polo camiño atoparemos varias fontes e formacións rochosas cunha morfoloxía moi peculiar. A primeira delas trátase do conxunto rupestre da Pedreira, con múltiples petroglifos, os cales destacan polas esceas ecuestres, así como polo tamaño dos círculos concéntricos.
Pedras agudas: Que levan asociadas varias lendas, tanto pola súas formas diversas como polo seu subterráneo.
Laxe das Abellas: Zona dunha beleza singular o tratarse de formacións rochosas graníticas lisas de gran tamaño e en pendente das que brota auga do seu interior, do interior da montaña. Son a cabeceira de diversos regatos.
A pedra Taió: Formación rochosa natural que simula un refuxio, entorno a ela coñecense numerosas lendas sobre mouros e tesouros, ademais de enigmático do seu nome. Dende esta zona pódese visualizar unha magnífica vista sobre a Ría de Vigo e a vila de Redondela.
A Pedra que Fala: Rocha que permite introducirse nela e falar do no seu interior escoitando múltiples reverberacións.
Pedra Erosionada: Pedra de curiosa formación, a causa da peculiar eroción sufrida con múltiples fonduras e círculos.

|