Inicio | Mapa Web | Buzón de Suxerencias galego<vacío>castellano

Domingo 05 de Setembro do 2010


Paisaxes da nosa Terra

Riqueza natural



Muíños de Redondela

A parroquia de Reboreda está atravesada polo río Alvedosa que foi fundamental na historia desta parroquia redondelana, posto que entorno o curso do río construíronse un gran número de muíños, que algún deles chega ata a actualidade, pero cumprindo unhas funcións diferentes das que foron concebidos.

No Catastro da Enseada de San Simón polo ano 1752 rexistrábanse 35 muíños na parroquia de Reboreda, quedando 17 un 100 anos despois no rexistro do Diccionario de Madoz. (1845). Estes muíños eran básicos na economía agrícola de cereais dos veciños, e convertéronse en punto de encontro para os distintos habitantes de Reboreda. Coñecidas son as cantigas populares entorno os muíños, e as festas que entorno a estas edificacións se acababan celebrando, as muiñadas.

Na actualidade na parroquia de Reboreda os máis coñecidos son os muíños da ponte, onde se xuntan ata tres edificacións tradicionais recuperadas como establecementos de hostalería e ubicados nunha zona moi ben conservada onde abunda a vexetación de ribeira entorno o río Alvedosa.

Os muíños presentes na comarca de Redondela, soen situarse o carón dun río para aproveitar a propia forzada auga, como sucede cós muíños de Reboreda, están situados en pleno val, e nalgúns casos anteriores a unha fervenza como ocorre cos muíños de Lorato. En canto a construcción, os seus muros presentan dous tipos de granito diferenciados, o de mais calidade na parte superior e pezas pequenas de peor calidade na parte inferior.








Arriba