Carballo da Lareira (Quercus Robur)
Na beira do camiño de Santiago a uns metros da Capela de Santa Marina, na saída do núcleo de Redondela sitúase o Carballo da Lareira, arbore centenaria, de feito, descoñecese a idade exacta que mantén a toponimia do lugar. Nos últimos anos sufriu un pequeno deterioro a causa da presión humana, pero conserva as principais características e segue vixiante a beira do camiño o transitar dos distintos camiñantes.
0 carballo é, certamente, a árbore característica de Galicia. Esta árbore caducifolia pode acadar ata 45 metros de altura. Ten a folla plana e lobulada, e a copa ampla e alta, sobre todo en estado natural. 0 tronco, en xeral, ten numerosas pólas xa a pouca altura, moi estendidas, e é a miúdo bastante nodoso e irregular. As follas de 10-12 cm. de lonxitude e uns 8 cm. de anchura, abovedas, a xeito de pequenas orellas, cinco ou sete pares de lóbulos que chegan case ata a metade da folla e non exactamente opostos, polo que no seu conxunto presento un aspecto lixeiramente irregular. As Icindras ovadas; alongadas (1'5-2 cm de lonxitude) en cúpulas bastante baixas. Aparece preferentemente en chans frescos e húmidos. A idade que pode acadar un carballo é considerable e sitúase no límite da posible esperanza de vida para unha árbore planifolia
COMO CHEGAR
Saíndo de Redondela polo estrada xeral cara a Pontevedra, lago de pasar a Capela de Santa Marina, á esquerda está situado o Carballo da Lareira. Recibe o nome dunha antiga churrasqueira situada á súa beira e que tivo extraordinaria sona na vila dándolle nome o lugar. O carballo sitúase entre a estrado N-550 e o camiño que vai ata o campo de fútbol e a N-550 , pero debido, o intenso tráfico e as continuas ampliacións teñen reducido o espacio ao redor do árbore.

|