Primeiros poboadores
Restos arqueolóxicos testifican a presenza humana desde moi antigo. Algúns nos levan á Idade de Bronce (machadas, petroglifos...) e outros nos remontan á cultura castrexa (o Castro da Peneda) Se facemos caso á sabedoría popular, a súa fundación ven dada polos gregos, pero sobre isto só hai lendas.
 |
| Miliario |
Romanización
A romanización foi moi intensa e disto si temos vestixios como os miliarios. A súa situación e condicións meteorolóxicas fixeron posible un auxe moi importante desde a antigüidade ata o momento do gran desenvolvemento da cidade de Vigo.
O Arcebispo Xelmírez
O arcebispo Xelmírez pasou por Redondela facendo o Camiño Portugués, do que foi un dos mayores impulsores, de volta dunha viaxe ó país veciño para traer consigo as reliquias de San Fructuoso, San Silvestre, San Cucufate e Santa Susana. En 1114 fixou a súa residencia temporalmente na nosa cidade, ano en que consagrou a igrexa de Santiago Apóstolo.
Illas de San Antonio e San Simón
As illas de San Antonio e San Simón foron o lugar de acollida para varias ordes relixiosas (benedictinos, franciscanos e templarios) ao longo de moitos séculos ata 1830. Foi entón cando se utilizou como leprosería. Este feito tivo como consecuencia indirecta o desenvolvemento do porto de Vigo.
Batalla de Rande
A súa situación costeira fixo que ao longo do tempo este pobo vísese atacado desde o mar por flotas de distintos países ou por piratas. Destes ataques, os máis famosos son o da armada anglo-holandesa que saíron vitoriosos na batalla de Rande no ano 1702 e o ataque francés na Guerra da Independencia (concretamente o 12 de abril de 1809) ao pobo como represalia pola axuda que lle prestaron os habitantes de Redondela aos seus veciños de Tui cando estaban asediados polas tropas francesas.
Batalla de Pontesampaio
Outro feito histórico de certa relevancia no que participaron as persoas deste territorio foi na vitoria sobre as tropas de Ney no lugar de Pontesampaio en xuño de 1809.
Dende as últimas décadas do século XIX, Redondela se define pola extraordinaria imaxe dos seus viaductos de ferrocarris que lle conferen unha personalidade propia. Declarados monumentos Histórico-Artísticos, permiten á pequena urbe ser coñecida como: Redondela
"a vila dos viaductos".
|