|
|
|
Venres 21 de Novembro do 2008 |
|
|
|
Certame Visións
1º certame de fotografía turística de Redondela |
Acta de Resolución .
O Concello de Redondela ven de resolver o I Certame de fotografía dixital Visións. O xurado do Certame presidido polo concelleiro de Cultura e Turismo, Eduardo Reguera Ocampo, e composto por traballadores municipais e recoñecidos fotógrafos da vila, como Pelu Vidal e Mundo Cal, repartiu os seguintes premios.
- Primeiro premio para a fotografía Dolmen de Cabeiro do autor co pseudónimo M.P.A. que pertence a Marcos Prieto Alonso.
- Segundo premio para a fotografía Sostento do autor co pseudónimo Torbellino que pertence a Lino Fontenla Cerviño.
- Accésit a serie de fotografías a Bico de Mar pola obra Cálida Redondela que pertence o autor Guadalupe Pérez Reguera.
- Accésit a mellor fotografía na categoría xuvenil (- 18 anos) a fotografía Ensenada de San Simón 2 do autor Lucatirs que pertence a Tirso Fontela Pérez.
- Accésit a mellor serie de fotografía en categoría xuvenil (-18 anos) declárase deserto.
- Premio del público a Barcas frente a illa de San Simón do autor con pseudónimo Kirika que pertence a Elisa Bravo Orozco, con un total de 25 votos de 182 emitidos.
Os premios serán entregados o vindeiro Venres 5 de xuño no Multiusos de A Xunqueira a partires das 20:00 horas, no acto no que tamén se dará a coñecer o premio do público, tras proceder o reconto das papeletas coas votacións de tódolos cidadáns que elixiron as súas obras favoritas.
Todos aqueles concursantes que non foron premiados teñen un mes de prazo para recoller as súas obras na oficina de turismo do Concello de Redondela. Pasado este prazo as obras quedarán en poder do Concello de Redondela. Dende a concellería de turismo queremos agradecer a Viaxes Loa e a Setinor a colaboración prestada neste certame.

|
| |
|
|
|
Webmaster| Aviso Legal | © Todos os dereitos reservados. Concello de Redondela |