Inicio | Mapa Web | Buzón de Suxerencias galego<vacío>castellano

Luns 21 de Abril do 2014


Festa dos Maios

Comezo da primavera
Maio Artistico
Maio artístico representando á Coca



"Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; Nela festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos.

Esta festa debeu ser coñecida xa na antigüidade, dende que os nosos devanceiros se decataron da repetición cíclica que se produce todos os anos e polas mesmas datas. Pero tamén existen outras posibilidades, como a de que fose introducida polos celtas ou mesmo polos íberos. Do que non hai dúbida é de que debeu coller moito pulo coa chegada dos romanos, que, contaba no seu panteón relixioso con varias divindades protectoras da vexetación e dos animais, das que algunhas está testemuñado que recibiron culto aquí na nosa Terra, como é o caso de Tellus, ao que se ofrecían sacrificios para propiciar as colleitas.

Maio Tradicional
Maio tradicional

Hay dous tipos de Maios:

  • Tradicionais : tenden sempre a ser cónicos e lembran a forma das árbores máis ou menos estilizadas. En Redondela, admítense de calquera, aínda que se soe destinar un premio só para eles

  • Artísticos : cando de trata de calquera figura, que pode ser dende unha casiña, ata un pazo, un apeiro, un cruceiro, un peto de ánimas, unha igrexa, etc. Ademais de pola feitura, tamén se diferencian dos "humanos" en que contan con coplas ou cantares novos todos os anos, feitos para cantar unha vez exclusivamente, e nos que predomina a crítica para coas institucións públicas, partidos políticos, persoas sobresaíntes da vila, etc. 





    Arriba