Inicio | Mapa Web | Buzón de Suxerencias galego<vacío>castellano

Venres 21 de Novembro do 2008


Festa da Coca ´08

Declarada de Interés Turístico Galego en 2001


C
onta a lenda que, fai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un drago que de vez en cando chegaba á vila para levarse a unha xove a sua cova. Así o fixo varias veces, ata que os xóves mariñeiros armaronse de coraxe e un día acordaron encararse ó monstruo. Así o fixeron e despois dunha dura loita saliron victoriosos. Xa vencido o truxeron ó pobo, ó mesmo tempo que liberaron ás xóves que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o drago dera os seus últimos suspiros, cando os valientes xóves, colléndose as espadas uns ós outros, empezaron a bailar arredor do  drago morto"


A orixe desta manifestación perdese na noite dos tempos.Non cabe dubida que renacese e se extendese tal e como chegou ós nosos días na Edade Media, pois non se trata mais que dunha representación plástica do Demo, típicamente cristiana, de feito semellante a como se viña facendo é a escultura e pintura, tanto románicas como góticas. 

Pero o loitar un Deus (ou un representante do mesmo) cunha serpe ou dragón é moi vello, tanto que xa existía nas relixións antigas.

CocaA primeira denominación que temos documentada e a de "coquetriz" ( Ourense 1437 ), que non é mais que un cocodrilo. No texto galego de Ourense non é mais que o dragón que iba na procesión do Corpus levado polos zapateiros. Non cabe dúbida pois, que o nome ven do latín cocatrix ( cocodrilo ), e que xa se atopa a mediados do século XV ( 1441 ) nun documento de Ourense tal e como se di agora : coqa e qoqa.

A Celebración

Albergue de Peregrinos
As penlas van vestidas de branco con ás de anxos
Para relembrar esta lenda ancestral, tódolos anos, no desfile do Corpus Christi sácase á rúa a figura da Coca, e realízase a Danza das Espadas e o Baile das Penlas:

  • A orixe da Danza das Espadas xa queda rexistrada o falar da Coca e as Penlas, pois foron os mariñeiros os que acabaron có fero e mítico Dragón, que ven a ser a representación plástica del Demo, xirando o redor del as duas danzas. As primeiras novas que hai desta danza en Redondela datan do século XVI, no que o concello lle ordena ós gremios que asistan á procesión do corpus.

  • Pouco se sabe das Penlas redondelanas, tan só que chegaron ata os nosos días sin sufrir grandes cambios, excepto no referido á indumentaria. Actúan cos danzantes das espadas, formando un único conxunto  coreográfico. Ó largo dos anos foron sufrindo unha serie de modificacións, co que as penlas de hoxe en día teñen unha serie de diferencias coas de antaño.

Esta tradición converteuse nunha festa que dura varios días nos que hai un amplo programa de espectáculos, concertos, exposicións e verbenas nocturnas. Tendo en conta os antecedentes, non sería de extrañar que esta representación diabólica fose coñecida dende moi antigo e que ó establecerse o Corpus empezasen a escenificala públicamente, o mesmo que outras historias e lendas relixiosas.





Arriba