|
|
|
IX Festival Internacional de Títeres
Memorial Juanjo Amoedo / Del 26 de Mayo al 1 de Junio de 2008 |
Compañías
- OCELOT TEATRO (O Salvador)
Xosé Amaya é unha das figuras máis representativas do teatro de títeres salvadoreño. En activo dende 1980, dirixiu a sala “Actoteatro”, un dos teatros máis dinámicos da capital; e tamén foi fundador do Festival Internacional de Teatro Infantil de O Salvador, que enchía o Teatro Nacional de escolares cheos de curiosidade e festa, ata que o terremoto de 2001 danou definitivamente o histórico edificio. Na actualidade a Compañía mantén a sua actividade profesional entre Guatemala e O Salvador.
“La historia de un huevo perdido” (Títeres de luva)
Nai galiña vai ter un fillo. Cando sae para buscar comida, un ladrón róuballe o ovo que tiña debaixo das súas plumas. . Don Choco, un axente supersecreto farase cargo do caso. Grazas á colaboración do público conseguirá atrapar ao ladrón e recuperar o ovo de Nai Galiña.
- Representacións:
Día 26.5.08: 10 hs. e 12 hs. Escolares (3-5 anos) Auditorio Multiusos. Redondela
Día 27.5.08: 10 hs. Escolares (3-5 anos) Auditorio Multiusos Chapela.
-
VITA MARCIK (República Checa)
Visítanos por segunda vez esta agrupación, fundada hai anos na pequena cidade de Drahotesice. É unha compañía de vocación ambulante e que basea os seus espectáculos na extraordinaria orixinalidade, no carisma e na comicidade do seu actor Vita Marcik e do seu inseparable compañeiro Pavel Smid. Gostan de contar e cantar as súas historias en permanente contacto co público, facéndoo cómplice e partícipe do seu particular xeito de representar.
“Branca de Neve” (Títeres de vara)
A máis que coñecida historia da princesa e os sete ananos preséntase nas feituras dunha carruaxe teatral; un espazo rústico de madeira que durante a actuación convértese nunha cámara real; nunha fraga profunda e finalmente nunha cabana con sete camas pequeniñas. E todo feito con moitísimo humor, e a capacidade de convicción dos contadores de historias tradicionais
- Representacións:
Día 27.5.08: 10 hs. e 12 hs. Escolares.(8-9 anos) Auditorio Multiusos.
Día 28.5.08: 10 hs. Escolares. (8-9 anos) Auditorio Multiusos. Chapela..
-
SOFIE KROG (Dinamarca)
Orixinalmente, Sofie Krog estudou teatro físico, mediante o Method Acting, sendo instruída en teatro, comedia e mimo, tanto dentro como fóra de Dinamarca. As voltas da vida levárona a converterse nunha excelente marionetista autodidacta, que colaborou con algúns dos mellores constructores e manipuladores de marionetas do mundo.
“Diva” (Técnicas diversas)
Unha proposta totalmente persoal, chea de orixinalidade e virtuosismo. O encontro de dous mundos radicalmente diferentes e diversos: Diva, a bela e seductora cantante de cabaret que cada noite enfeitiza a súa audiencia hipnotizándoa cunha voz engaiolante. e que ten perdidamente namorado ao seu mordomo. E o Profesor, un home lisiado por un terrible accidente de laboratorio (só lle resta a cabeza!) que vive unha vida solitaria e amarga cunha soa idea dándolle voltas no cerebro
- Representacións:
Día 28.5.08: 10 hs. e 12 hs. Escolares (13-16 anos) Auditorio Multiusos. Redondela
Día 29.5.08: 19 hs. e 21 hs. Auditorio Multiusos Redondela (+ 13 anos)
- FERNÁN CARDAMA (Arxentina)
A compañía de Fernán Cardama (actor, director e pedagogo teatral) explora diferentes formas de expresión relacionando actuación actoral, títeres e manipulación de obxectos. Instálase en 2003 na cidade andaluza de Alcalá la Real e dende entón as súas producións de pequeno formato veñen sendo premiadas regularmente en diferentes festivais e concursos internacionais.
“Historias de media suela” (Manipulación de obxectos)
Existes zapatos pequenos, grandes, vermellos, namorados, optimistas, valentes, solidarios, de conto..... Non son todos iguais, cada un ten o seu arrecendo, a súa música, a súa historia. Aquiles Petruchelli zapateiro sábeo e está decidido a compartilo. Na súa zapatería: “La felicidad en sus pies”; non só se amaña o calzado, senón que tamén se contan historias, sucédense pequenos relatos, e mesmo asistimos a unha versión da Carrapuchiña vermella feita con zapatos.
- Representacións:
29.5.08: 10 hs. . Escolares (6 a 8 anos) Auditorio Multiusos. Chapela
30.5.08: 10 hs. . Escolares (6 a 8 anos) Auditorio Multiusos. Redondela
- EL CHONCHÓN (Arxentina)
Chonchón é unha palabra araucana que se refire a un candil co que os campesiños iluminaban as súas vivendas, camiños ou entendementos. Así entenden o seu traballo Miguel Oyarzún e Carlos Piñero: virtuosos na manipulación de títeres de luva, na capacidade de improvisación e no emprego dunha sorte de humor ácido e contaxioso que inunda todas as súas producións.
- Los Títeres (Para los chicos más grandes) (Títeres del uva)
Un espectáculo que quere mostrar que os títeres non son só para os máis pequenos. Nesta escolma, os titiriteiros rescatan momentos diversos dos seus espectáculos para mostrar a los chicos más grandes que os monecos poden falar sen palabras, facer teatro do absurdo ou empregar a comicidade para facerse entender Pantomimas, absurdos e xogos clásicos na manipulación da luva, servidos con moita frescura
- Representacións:
Día 29.5.08: 10 hs. e 12 hs. Escolares (10 a 12 anos) Auditorio Multiusos. Redondela
- “Tresespinas” (Títeres de luva)
El abuelo e Arrasqueta, os presentadores da Compañía, enfrontan un novo desafío teatral: unha versión de La República del Caballo muerto do chamán e dramaturgo Roberto Espina. Estes dous títeres serán os responsables de encarnar todos os personaxes das tres pezas que pertencen ao repertorio clásico dos monecos latinoamericanos: Vos sós, Los buenos modales e El propietario.
- Representacións:
30.5.08: 21 hs. (+10 anos). Auditorio Multiusos. Redondela
- TXO TITELLES (Cataluña)
Despois de nove anos na histórica compañía vasca Taun Taun, o titiriteiro Nartxi Azkargosta fundou o seu propio proxecto en 1995. Dende entón Txo Titelles mantén unha liña de investigación, traballando duro no taller e sen perder a filosofía innovadora que deu orixe a unha serie de espectáculos que sorprenden pola súa peculiaridade.
- Circ-Cabaret ARMANDO RISSOTTO (Varias técnicas)
O protagonista, cociñeiro frustrado e frega-pratos vocacional, farto de sufrir a incomprensión dos seus compañeiros de cociña, decide crear o seu propio menú dentro do mundo do espectáculo. Facendo cola na oficina do paro, atopa os ingredientes adecuados para a creación do seu “Menú especial”: René Bombier, Menudo Tremendo, Mario Esconde, Marie Albacete..... Un Menú elaborado coas mellores estrelas do momento que aporta un gran poder enerxético e nos libera das toxinas da rutina diaria, deixando unha sensación de benestar e felicidade.
- Representacións:
28.5.08: 21 hs. (+ 6 anos). Auditorio Multiusos. Redondela
30.5.08: 10 hs. . Escolares (6 a 8 anos) Auditorio Multiusos. Redondela.
- TEATRO HARAPO (Arxentina)
Marcelo Peralta, fundador desta agrupación no ano 1987, xa tiña traballado en Francia coa prestixiosa compañía Bululú Théâtre dende 1979. De volta en Bos Aires, participou activamente na creación de “La calle de los títeres”, mítico espazo de teatro e encontro de titiriteiros de todo o mundo, onde organizou diversos Festivais e actividades. Na actualidade o seu elenco participa regularmente en programacións de Arxentina, Latinoamérica e Europa. O seu estilo ten moita limpeza formal, instalando a imaxe dunha forma contundente e onde non é necesaria a palabra para expresar as paixóns humanas.
- “Amor e circo” (Títeres de luva)
Conta con orixinalidade, humor, frescura e boa concepción titiriteira a coñecida historia dun circo onde os artistas son explotados por un empresario malvado e cobizoso. Quique , o pasiaso, está namorado de Margarita, a trapecista, e comparte co público os seus sentimientos e a súa enorme timidez, inspirando complicidade e tenrura.
- Representacións:
31.5.08. 17 hs. (Familiar)
1.6.08: 17 hs. (Familiar)
-
COMPAGNIE TRO-HÉOL (Francia)
Despois de nove anos na histórica compañía vasca Taun Taun, o titiriteiro Nartxi Azkargosta fundou o seu propio proxecto en 1995. Dende entón Txo Titelles mantén unha liña de investigación, traballando duro no taller e sen perder a filosofía innovadora que deu orixe a unha serie de espectáculos que sorprenden pola súa peculiaridade.
- La mano (Varias técnicas.Obxectos)
O espectáculo ten un prólogo, Moscas que, apoiándose en fontes xornalísticas auténticas, nos fará entrar no mundo das moscas con divertida crueldade.
La Mano, baseada nun conto de Javier García Teba, conta a historia dun home que entra en conflito coa súa nova man transplantada. Pouco a pouco, a situación farase insoportable, levando ao personaxe a unha loita interior entre dúas entidades autónomas dotadas de personalidades ben distintas e obrigadas á presenza da outra.
- Representacións:
31.5.08: 21 hs. (+10 anos). Auditorio Multiusos. Redondela
- BULULÚ THÉÂTRE (Francia)
Horacio Peralta é un arxentino de París, dende que hai máis de 30 anos se plantou diante do Centro Pompidou da capital francesa e comenzou a actuar cos seus títeres, tentando aplicar ao seu traballo todo aquilo que tiña aprendido no teatro: a procura da contradición dramática, o movemento de situacións conflictivas, ...
Os seus espectáculos, a súa figura mesma, forman parte dos máis prestixiosos festivais de títeres do mundo dende hai moitos anos.
- El Titiritero (Varias técnicas)
Peza de corte autobiográfico onde Horacio Peralta narra as circunstancias e acontecementos que o levaron a converterse nun titiriteiro. Con algunhas das historias con monecos máis significativas da súa traxectoria, unha música engaiolante e as súas propias lembranzas , o titiriteiro reflexiona sobre o seu oficio e a relación coas criaturas.
- Representacións:
1.6.08: 21 hs. (+10 anos). Auditorio Multiusos. Redondela
- WHALLEY RANGE ALL STARS (Reino Unido)
Compañía formada no ano 1982 por Edward Taylor e Sue Auty. As súas creacións, con variedade de estilos e todo tipo de formatos adáptanse a calquera espazo ou acontecemento: rúas, shows turísticos, galerías, instalacións.....; aínda que teñen querencia polos espazos públicos informais e ao ar libre. Pola orixinalidade das súas propostas, xa mostraron o seu traballo en toda Europa, Canadá, Brasil, Omán, Taiwan, Singapur, U.S.A., entre outros.
- Pig
¿Quen nos ía dicir que o Festival de Títeres ía traer a Redondela o porco máis grande endexamais visto na vila? Sí, señoras e señores: un curricho enorme, unha imaxe sorprendente e chea de comicidade, onde transcorre un espectáculo de dez minutos para dez espectadores de cada vez. Espectadores que ademais entrarán a formar parte do espectáculo, tendo un inesperado e divertido papel dentro desa inesperada peza de teatro.
- Representacións:
31.5.08: De 12,30 hs. a 14 hs. e de 19 hs. a 21 hs. Xardíns da Alameda
1.6.08: De 17 hs. a 19 hs e de 20 hs. a 22 hs.
- TEATRO DE FORMAS ANIMADAS (Brasil)
O brasileiro Marcelo Lafontana creou a súa compañía no ano 1998 na cidade portuguesa de Vila do Conde, despois de tres anos de formación no curso para marionetistas profisionais organizado polo concello desa cidade. Dende entón esta agrupación desenvolve un papel importante na dinamización e promoción cultural da sua rexión, con especial atención á xente moza.
- Mamulengo de Joao Redondo (Títeres de luva)
Os Mamulengos brasileiros son unha desas xoias da tradición popular, que afortunadamente perviven nas mans de titiriteiros novos. Figuras que animaban outrora nas festas e feiras tanto a pais coma fillos, establecendo inmediatamente unha relación espontánea e divertida co público. Neste caso coñeceremos a personaxes de forte identificación popular: O Diabo, a Morte, a Cobra, o Policía.. e ¡como non!, aos protagonistas da historia: o Malandro Joao Redondo e o heroe Benedito.
- Representacións:
31.5.08: 13 hs. Praza do Concello.
- 18 hs. Praza da Alfóndiga.
- 19 hs. Praza da Alfóndiga
1.6.08: 13,30 hs. Xardíns da Alameda
- 17,30 hs. Praza da Alfóndiga
- 18,30 hs. Praza da Alfóndiga
- TRADITIONAL PUPPET ART MUSEUM (Sri Lanka)
Non se sabe moi ben cómo chegaron as marionetas a Sri Lanka: se foron importadas da India; se foron traídas polos portugueses…: o caso é que son populares alí dende hai másis de 400 anos. O repertorio tradicional é representado actualmente por todo o país por varias familias de marionetistas. A familia que nos visita, procedente de Colombo, a capital, rexenta ademais o TRADITIONAL PUPPET ART MUSEUM desa cidade a elí expoñen e manteñen a súa herdanza titiriteira.
- Dancing puppets (Marionetas de fíos)
As marionetas son grandes e pesadas; manipúlanse combinando forza e habilidade. Cantan e xogan acompañadas pola música de instrumentos tradicionais e populares. As súas historias e as súas danzas falan de reis bós e reis malos; de grandes heróes…. Mais tamen de pequenos incidentes da vida cotiá cheos de humor. Música e marionetas danzantes trasládannos a moitos kilómetros e moitos anos de distancia.
- Representacións:
31.5.08: 18 hs. Praza do Concello
-
21 hs.
1.6.08: 18 hs. Praza do Concello
-
21 hs
- CRIADORES DE IMAGEMS (Portugal)
José Carlos Barros é a alma máter desta troupe experimental de performers que combina o traballo de obxectos animados coa persona humana, procurando outras formas de comunicación, máis alá da representación teatral. Compañía itinerante e de repertorio, asentada nun equilibrio de representacións entre a festa tradicional popular e os textos dramáticos, dando prioridade ao espíritu ibérico e a Lusofonía. O seu propósito é intervir con imaxes animadas na arquitectura urbana.
- Dragocirco (Maquineta con figuras)
Dende a máis remota antigüidade a Península Ibérica é asolada por dragóns femias en festas populares. No corazón de Castela, en Madrid, en Redondela, en Monçao, en tantos lugares de Cataluña, as tarascas ou cocas deron e continúan a dar reñida luita a San Xurxo; dobran o espiñazo ao ollar de Santa María, ou sorprenden ao público coas suas andanzas. A Alexandrina é unha dragoa especial. Transporta no lombo un fantástico circo e pavonéase polas rúas fascinando ao paseante.
- Desfiles:
31.5.08: 18hs. a 20,30 hs. Rúas Alfonso XII e Ribeira
-
22 hs. (Luta da Dragoa e S. Xurxo). Praza da Constitución.
1.6.08: 13hs. a 14 hs. Rúas Alfonso XII e Ribeira.
-
18 hs. a 20,30 hs. Paseo da Xunqueira e Xardíns Alameda.
-
CARTON LOUF...! (Francia)
Comeza a súa actividade no ano 2002 na cidade de Billom, na Auvergne francesa. Crean espectáculos empregando todo tipo de disciplinas artísticas combinadas con marionetas en todas as súas formas: da máis pequena á máis grande. Levan tamén, en paralelo, unha intensa actividade plástica con exposicións e talleres. Despois de dez espectáculos orientados ao público infantil e adulto; as súas últimas creacións son pequenos formatos de rúa con intensa comunicación co público.
- Oh Grand’Loup! (Títeres de variña)
Trátase dun xogo de lectura colectiva a partir dun libro escrito que vai amosando Gran Lobo, mestre do xogo que manipula aos monecos e ao público... para gosto e diversión de todos nun momento de amizade festiva. Coñeceremos a historia dunha pequena loba chea de malicia e humor que vai desfacendo todas as trampas que aparecen no seu camiño.
- Representacións:
31.1.08: 6,30 hs. Praciña Conservatorio Vello
- 19,15 hs.
- 20 hs.
1.6.08: 6,30 hs. Praciña Conservatorio Vello
- 19,15 hs.
- 20 hs.
- GUIXOT DE 8 (Cataluña)
A mellor descrición da actividade de Guixot de 8 a dan eles mesmos: Agora que nos restrinxiron a imaxinación facendo que cada moneca sirva tan só para unha soa cousa e que cada mando dea tan só unha orde, é necesario que unha escumadeira se convirta nun baloncesto pequeno e que dunha cama vella xurda un deporte novo; que unha bicicleta se convirta nun paxaro. Isto é Gargot de Joc (Garabato de Xogo). Comezaron no ano 1991 e dende entón xa se desplazaron máis de 600 veces por España e varios países do estranxeiro.
- Gargot de Joc (Espazo de xogo)
Montaxe de 30 xogos feitos con materiais de refugallo onde a orixinalidade, a sinxeleza dos xogos e a dinámica lúdica falan por si mesmas. Non se trata dunha actividade educativa ou complementaria. Preténdese crear un espazo de xogo onde o público se divirte potenciando as súas habilidades, destreza manual, inxeniosidade..... Naceu na Fira de la Peseta que se celebra en Tona (Osona) no marco da Festa Maios do Inverno.
- Xogos Abertos:
31.1.08: 18,30 hs. a 21,30 hs. Pista da Xunqueira
1.6.08: 18,30 hs. a 21 hs. Pista da Xunqueira
-
COMPANYIA LA TAL (Cataluña)
Dende a súa fundación, en 1986, ata hoxe en día a Companyía evoluíu a súa concepción teatral, a súa percepción visual e técnica interpretativa dende a figura clásica do pallaso de circo ata a creación dun universo propio no que personaxes, estética e situacións conflúen nun teatro de humor totalmente actual. Imaxes e historias confiren aos seus espectáculos o equilibrio ideal para a implicación necesaria do público nas diferentes situacións que van creando.
- Carilló (Animación actoral)
Ding...dong... Soa a música do Carillón. As engrenaxes póñense en movemento. Tic....tac.......Tic....tac..... Chegou a hora. O escenario énchese de personaxes que explican as súas historias de cabaleiros.... pallasos... pelexas... pasións. A maxia sae de dentro deste reloxo xigante inundando prazas e rúas. Cada quince minutos, durante unha hora e media, comezará unha nova historia.
- Representacións:
31.5.08: 20,30 hs. Praza Casa da Torre
1.6.08: 20 hs. Praza casa da Torre.
- THE VON TROLLEY QUARTET (Australia)
Unha festiva agrupación musical que se define como Australian Music Comedy Company e que leva visitando os máis pretixiosos festivais de teatro de rúa do mundo dende o ano 2004.. Combinan rutinas cómicas, gags de circo e participación da audiencia con alta calidade musical en diferentes estilos: gypsy jazz, bluegrass, swing, vello rock and roll....versioneando parodias cómicas e temas moi populares.
- Representacións:
31.5.08: 18,30hs. Pista da Xunqueira
-
20 hs. Paseo da Xunqueira
-
22,30 hs. Xardíns da Alameda
1.6.08: 17 hs. Rúa Alfonso XII
-
19 hs. Xardíns sa Alameda
-
22 hs. Praza da Constitución.
- THE TURRE.S BAND (Galicia)
Levan xa unha chea de anos animando as esperas dos espectáculos no noso Festival. Tan populares na vila que non precisan presentación ningunha. Estilo desenfadado, canallas musicais, versións hilarantes, muiñeira ska.....Xa sabemos das características do combo de Mos. A bailar!
- Representacións:
31.5.08: 17 hs. Xardíns da Alameda
-
19 hs. Rúa Alfonso XII
1.6.08: 18,30 hs. Pista da Xunqueira
-
20 hs. Praza Fonte de Santiago.
-
21,30 hs. Praza Casa da Torre.
- CHARANGA APELES (Galicia)
Unha das charangas máis novas de Galicia dando “caña” dende o ano 2004 nas festas máis importantes de toda Galicia, Asturias, Portugal….. A súa media de idade, que anda polos 22 anos, garante o bó humor, a boa música e as ganas de troula coas que chegan a todos os festexos.
- Representacións:
1.6.08: 11,30 hs. a 13 hs. Rúas Ribeira e Alfonso XII.
-
18,45 hs. a 20 hs. Da Fonte de Santiago á Casa da Torre.

|
| |
|
|
|