|
|
|
Lunes 08 de Septiembre de 2008 |
|
|
|
Festival de Artistas de Rúa
25-26 de Xullo na Alameda de Redondela |
Pasaron xa 10 anos desde que o programador do Concello de Redondela pediu a Producións O Zurdo unha programación do Teatro Internacional de Rúa e de alto nivel artístico. O seu obxectivo era ofertar, dentro das festas grandes do pobo, unha actividade nova, creativa e moi variada, coa que persoas de todas as idades poidesen gozar dos mellores espectáculos ao aire libre, tanto nacionais como internacionais.
Puxémonos en contacto con algúns dos nosos compañeiros do Retiro, outros da Carpa de Malabaristas de Madrid ...e, deste xeito tan casual, foi como Teatro de o Zurdo comezou a súa andaina dentro da organización deste tipo de Encontros.
Para a organización do Festival, o primeiro paso é o coñecemento de cada unha das prazas e rúas nas que van a ter lugar as diferentes actuacións.
Seguidamente, concrétase o elenco de artistas e a súa localización nun lugar determinado. O público, a medida que vai percorrendo as rúas do pobo, irá descubrindo diversos espectáculos dunha forma viva e espontánea.
O humor e a comedia nestas representacións fan que a participación do público sexa constante.
O Festival pretende ser un escaparate de pobos e culturas de diferentes países tendendo unha ponte entre a diversidade cultural e o mundo do espectáculo.
Deste xeito, podémonos atopar: circo moderno procedente de Australia, pasando pola maxia que nos chega dende Francia, teatro de Italia, malabaristas da Coruña, cantautores de Arxentina, tamén equilibristas de EE.UU, fakires de Inglaterra ou zancudos de Ourense....
Toda unha mestizaxe baixo a única bandeira do Teatro.
 |
|
|
|
Webmaster| Aviso Legal | © Todos os dereitos reservados. Concello de Redondela |