Inicio | Mapa Web | Buzón de Sugerencias galego<vacío>castellano

Viernes 21 de Noviembre de 2008


A danza das Espadas e as Penlas

por Remedios Alló



Introducción





Cada ano, coincidindo coa celebración do día do Corpus, celébranse unhas festas populares de grande tradición en Redondela: As Festas da Coca, declarada de interese turístico galego no ano 2001.

Con todo, a pesar de ser esta unha festa cristiá, a figura máis rechamante e máis representativa dela é a Coca.

A COCA é un animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, que vive nas augas dos mares e dos ríos. Das costas crécenlle dúas ás, moi similares ás dos morcegos, dun enorme tamaño en comparación co resto do corpo. Ten catro patas armadas de garras. No seu rostro brillan uns ollos terribles e na boca asómanlle afiados dentes.

Redondela, ademais de contar coa fera Coca, actualmente É A ÚNICA VILA GALEGA QUE AÍNDA CONSERVA AS SECULARES PENLAS, e xunto con tres ou catro máis a DANZA DAS ESPADAS, baile tradicional tanto mariñeiro coma campesiño.

Estas tres manifestacións populares: COCA, PENLAS E DANZA, actúan tódolos anos o día do CORPUS CHRISTI.

Importante festa para esta poboación dende hai varios séculos como amosa o feito de que polas constitucións sinodais de Tui do bispo Pedro de Herrera, do ano 1627, estivesen obrigados a iren na procesión os cregos coas súas cruces parroquiais de Cedeira, Negros, Quintela, Cabeiro, Trasmañó, Vilar de Infesta, Nespereira, Saxamonde, Cepeda, Reboreda, Cesantes, O Viso, Arcade, Amoedo, Pazos e Santiago de Vilavella.



Arriba