Este edificio reúne diferentes actividades; na planta baixa está o auditorio, no que se fan todos os espectáculos teatrais, diferentes festivais e conferencias. Tamén se dan nel as aulas municipais de teatro e os cursos de tai-chi para maiores. Neste andar atópanse ademais as aulas de pintura e guitarra dos cursos municipais, así como salas que se empregan ao longo do ano para impartir aulas do Plano FIP de diversas temáticas. No primeiro andar atópase a Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán (a sala de adultos, a sala infantil e os almacéns), ademais dun par de salas onde se imparten aulas, como por exemplo as de alfabetización para adultos. No segundo andar está o departamento de Novas Tecnoloxías coa aula web, onde ao longo de todo o ano se realizan todo tipo de obradoiros e cursos de informática; ademais neste andar está tamén o SIE (Servizo de Igualdade e Emprego) e dúas aulas onde se desenvolven cursos de memoria para maiores.
Edificio Multiusos de Redondela
Paseo da Xunqueira, s/n
36800, Redondela
Teléfono - Fax : 986 402 865
Horario de 09:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.

|